domingo, 13 de diciembre de 2015

Arte del Siglo XX
 "Detectives para una colección de arte"

O pasado 1 de decembro tivemos a oportunidade de ir á Sede afundación de Vigo  para ver unha marabillosa exposición de arte do século xx. Nela puidemos gozar de moitas das obras da talla de artistas tan importantes como Miró, Lugrís, Dalí, ...

Os organizadores propuxéronnos unha actividade que aos nenos encantoulles, tiveron que converterse en investigadores e descubrir algunha das obras da exposición por medio dunha serie de pistas que lles proporcionaron. Os mozos e mozas gozaron moitísimo descubrindo mediante o xogo a algúns dos artistas do século pasado.

Antes de acudir á exposición os nenos e nenas investigaron sobre algún destes artistas. A cada alumno tocoulle por sorteo un, e despois de investigar e realizar unha presentación sobre o artista, tiveron que expoñer o seu traballo ao resto da clase.

A continuación presentámosvos algún deles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario