viernes, 25 de noviembre de 2016

VIOLENCIA DE XÉNERO
A semana do 25 de novembro no cole traballamos a Violencia de Xénero, un tema importante na nosa sociedade polas consecuencias negativas que leva, sobre todo no ámbito da muller. 


Realizáronse distintas actividades nos distintos niveis,
 en quinto e sexto a mestra Ánxela de música, 
presentounos a canción "Concordias de papel" da cantante Ses , moi bonita pero tan triste como nosa propia realidade. 

E con ela os mozos e mozas montamos un pequeno vídeo como repulsa a todas estas noticias que encabezan moitos dos telexornais do noso país. 






domingo, 6 de noviembre de 2016


CONSTRUÍNDO HISTORIAS DE MEDO con Beretiño

A primeira actividade que nos propón Beretiño é a construción dunha historia de medo, empezando por un dos principios que nos indica.
Para contextualizar un pouco máis este momento realizamos a lectura entre tebras.
Aquí deixámosvos uns pequenos momentos da mesma





miércoles, 12 de octubre de 2016

CONSTRUÍNDO CO BERETIÑO

Durante este curso Beretiño vainos a propor diferentes actividades para construír con el,
 relacionadas co proxecto do noso colexio.

E aos poucos irémosvolas mostrando




lunes, 12 de septiembre de 2016

NOVO CURSO, NOVO COLE,  NOVOS NENOS E NENAS

Ola a todos, aquí preséntovos aos meus novos alumnos.
Este ano repito o mesmo curso, quinto de primaria pero con moitos máis mozos e mozas, xa que vou ser titora de 5º B e darei Lingua Galega e Lingua Castelá no outro quinto, 5ºA.
Espero que podamos realizar un bo curso, aprendendo todo o que podamos e gozando un pouquiño das pequenas tolemias dos proxectos da vosa mestra. 

Benvidos a este novo curso e a empezar... 

5ºB
 



5ºA










viernes, 20 de mayo de 2016

CONCURSO PERIODÍSTICO FARO DE VIGO

Conseguímolo!

Ao principio de ano embarcámonos nun gran proxecto, nós os nenos e nenas de 5ºA xunto  aos nosos compañeiros e compañeiras de 5ºB.  
Participamos na elaboración dun xornal escolar e un noticiero xunto a un grupo de colexios da zona. 
 E todo iso organizado polo Faro de Vigo.
Foi unha experiencia impresionante, 
aprendemos e gozamos unha chea tanto coa elaboración dos traballos como dos encontros co resto dos participante, todo iso organizado 
por un grupo de xornalistas do Faro de Vigo, aos cales lles temos que agradecer toda a axuda e entusiasmo cos que realizaron este proxecto.
O 18 de maio
 reuníronnos a todos os coles no Auditorio de Vigo 
para  a clausura do proxecto. 
Foi un día marabilloso e emocionante, e por encima, déronnos unha chea de premios polo noso traballo.


Botádelle un ollo ao enlace e coñecede tódolos detalles de cómo foi a nosa participación no certame Faro da Escola





E aquí deixámosvos os premios que conseguimos:


3º PREMIO AO MELLOR XORNAL
2º PREMIO Á MELLOR REPORTAXE
1º PREMIO AO MELLOR NOTICIEIRO



Os tres xornais premiados (na esquerda a representación do noso cole!)


A profe Mili, a nosa dire Merce e a profe Susana, moi ben acompañadas para recoller o 3º premio ao mellor xornal.


Recollendo o 2º premio á mellor reportaxe.



Recollendo o 1º premio ao mellor noticieiro. Non hai nada mellor que un bo traballo en equipo! 






TODO esforzo se viu recompensado! Guiño



E na seguinte entrada subímosvos o Noticiero!!!




NOTICIEIRO 

E aquí podedes ver o noso noticieiro
gañador dese 1º premio !!!




Felicidades a todos polo gran esforzo que fixestes !!!

E un parabén ao meu compi Mili, tanto polo seu gran labor como pola facilidade coa que se traballa con ela !!!



lunes, 21 de marzo de 2016


A CÉLULA E OS SISTEMAS DO CORPO HUMANO

Aínda que tardamos un pouquiño en terminar este proxecto, estamos moi contentos e entusiasmados do resultado final.

Á hora de buscar a información e montar a presentación foilles máis fácil que o primeiro, os nenos tiñan maior dominio dos diferentes programas e da procura de contidos.

Como no primeiro realizamos diferentes tarefas:

- Montaron as diferentes maquetas da célula e dos sistemas.
- Fixeron unha presentación en power point cos contidos correspondentes.
- Visualizamos diferentes vídeos sobre os temas traballados.

Por último, queda explicar o traballo aos compañeiros, que o farán despois das vacacións para que teñan un pouco de tempo para preparala e así consigan novas competencias nesta actividade.

E sen máis vos presentamos o noso traballo, esperamos que vos guste.




A CÉLULA

No estudo da célula, dividimos o traballo en catro grupo e a cada un tocáballe preparar un tipo de célula, por unha banda dividímola en Célula Animal e Célula Vexetal. e por outro, en Célula Eucariota e Célula Procariota.





CÉLULA VEXETAL



                                     






CÉLULA ANIMAL







CÉLULA PROCARIOTA

   




 

CÉLULA EUCARIOTA











SISTEMAS DO CORPO HUMANO

Da mesma maneira, dividimos os diferentes sistemas entre os distintos grupos. 


SISTEMA ÓSEO E MUSCULAR







SISTEMA CIRCULATORIO




SISTEMA NERVIOSO







SISTEMA RESPIRATORIO





SISTEMA DIXESTIVO








SISTEMA ENDOCRINO