viernes, 20 de mayo de 2016

CONCURSO PERIODÍSTICO FARO DE VIGO

Conseguímolo!

Ao principio de ano embarcámonos nun gran proxecto, nós os nenos e nenas de 5ºA xunto  aos nosos compañeiros e compañeiras de 5ºB.  
Participamos na elaboración dun xornal escolar e un noticiero xunto a un grupo de colexios da zona. 
 E todo iso organizado polo Faro de Vigo.
Foi unha experiencia impresionante, 
aprendemos e gozamos unha chea tanto coa elaboración dos traballos como dos encontros co resto dos participante, todo iso organizado 
por un grupo de xornalistas do Faro de Vigo, aos cales lles temos que agradecer toda a axuda e entusiasmo cos que realizaron este proxecto.
O 18 de maio
 reuníronnos a todos os coles no Auditorio de Vigo 
para  a clausura do proxecto. 
Foi un día marabilloso e emocionante, e por encima, déronnos unha chea de premios polo noso traballo.


Botádelle un ollo ao enlace e coñecede tódolos detalles de cómo foi a nosa participación no certame Faro da Escola





E aquí deixámosvos os premios que conseguimos:


3º PREMIO AO MELLOR XORNAL
2º PREMIO Á MELLOR REPORTAXE
1º PREMIO AO MELLOR NOTICIEIRO



Os tres xornais premiados (na esquerda a representación do noso cole!)


A profe Mili, a nosa dire Merce e a profe Susana, moi ben acompañadas para recoller o 3º premio ao mellor xornal.


Recollendo o 2º premio á mellor reportaxe.



Recollendo o 1º premio ao mellor noticieiro. Non hai nada mellor que un bo traballo en equipo! 






TODO esforzo se viu recompensado! Guiño



E na seguinte entrada subímosvos o Noticiero!!!




NOTICIEIRO 

E aquí podedes ver o noso noticieiro
gañador dese 1º premio !!!




Felicidades a todos polo gran esforzo que fixestes !!!

E un parabén ao meu compi Mili, tanto polo seu gran labor como pola facilidade coa que se traballa con ela !!!