viernes, 25 de noviembre de 2016

VIOLENCIA DE XÉNERO
A semana do 25 de novembro no cole traballamos a Violencia de Xénero, un tema importante na nosa sociedade polas consecuencias negativas que leva, sobre todo no ámbito da muller. 


Realizáronse distintas actividades nos distintos niveis,
 en quinto e sexto a mestra Ánxela de música, 
presentounos a canción "Concordias de papel" da cantante Ses , moi bonita pero tan triste como nosa propia realidade. 

E con ela os mozos e mozas montamos un pequeno vídeo como repulsa a todas estas noticias que encabezan moitos dos telexornais do noso país. 






domingo, 6 de noviembre de 2016


CONSTRUÍNDO HISTORIAS DE MEDO con Beretiño

A primeira actividade que nos propón Beretiño é a construción dunha historia de medo, empezando por un dos principios que nos indica.
Para contextualizar un pouco máis este momento realizamos a lectura entre tebras.
Aquí deixámosvos uns pequenos momentos da mesma