lunes, 29 de junio de 2015

IDADE MEDIA


HIMNO DE SAN JUAN BAUTISTA 

Este ano vimos a orixe do nome das notas musicais, que proceden do Himno de San Juan Bautista.

Aquí déixovos un vídeo moi divertido de como o estudamos.
Que calor pasamos pequenos!!!
Ese día a aula de música era unha sauna, pero aínda así puidemos gravalo.

Espero que vos guste!!!


E velo ata o final!!!




O monxe beneditino italiano Guido de Arezzo (992-1050) elaborou unha aproximación á notación actual,
popularizou os nomes
utilizados no Himno a san Juan Bautistade de Pablo el Diácono.

                 

SCARBOROUGHT  FAIR

Ainhoa xunto aos seus compañeiros e compañeiras de clase interprétanos esta canción.

Unha das miñas preferidas.


 Moi ben feito!!!

Scarborough Fair é unha canción tradicional inglesa de autor descoñecido. foi versionada en multitude de ocasións.En España a canción foi versionada polo grupo folk Luar na Lubre co título Romeiro ao lonxe e polo grupo folk-metalMägo de Oz baixo o título de Dorme... (canción de berce).

A forma como a coñecemos data do século XII.

O nome Scarborough Fair, fai referencia á Feira de Scarborough, que en tempos medievais representaba un dos maiores puntos de referencia comercial de toda Inglaterra, cun enorme mercado que se prolongaba durante 45 días a partir do 15 de agosto.

Era o lugar de encontro das persoas, famosas e non tan famosas.


domingo, 28 de junio de 2015

FLIPPED CLASSROOM O CLASE INVERTIDA

Hoy os quiero hablar de una actividad que he llevado a cabo este curso, no sé exactamente si se trata de una actividad típica de una clase invertida, o es una actividad que entra dentro de otro tipo de metodología.
Este año he trabajado con los niños y niñas del cole el proyecto de la Historia de la Música, implicando más a sexto, al ser uno de los contenidos que tienen que trabajar este curso.

Cuando les comenté en clase que empezábamos una nueva etapa de la historia: el Barroco, y que uno de los contenidos que podían investigar era la ópera, un par de niñas me dijeron que ellas querían escogerla.
Dentro de mi metodología les doy a elegir el formato o el tipo de actividad, pueden hacer un power point, un vídeo, un baile, tocar alguna melodía de la época, la exposición en cartulina... Para después compartirla con el resto de compañeros.
Era un viernes y les dije a las niñas que el lunes les traería información sobre alguna página web  del tema, y bromeamos sobre interpretar una ópera.
El lunes a primera hora me vinieron las niñas, todas emocionadas, pidiéndome permiso para ir por las clases de los otros niveles para buscar voluntarios que quisieran ensayar en los recreos una ópera.
Para mi sorpresa, ya sabían que ópera iban a preparar y ya tenían las letras de las canciones.

Al día siguiente, a la hora del recreo, de repente empezaron a llegar un montón de niños y niñas a clase de música.
Aquí os dejo una grabación del resultado y una pregunta:

¿Fue buena esta actividad para los alumnos y alumnas que participaron en ella?

¿Es efectiva esta metodología? 



...




CANTIGA 159 
Aquí déixovos a adaptación que fixeron os compis de 6º da cantiga 159 de Alfonso X.
Subo dous vídeos, o primeiro con diferentes instrumentos.
E o segundo só con frautas.



 As Cantigas -ou Cantigas- de Santa María (mediados do século XIII-1284) constitúen o cancioneiro relixioso medieval da literatura en galaico-portugués, fronte ao profano que estaría constituído polas cantigas de amigo, de amor e de escarnio.
Existen dúbidas sobre a autoría directa do rei Alfonso X o Sabio, pero ninguén dubida da súa participación como compositor nalgunhas delas, sendo polo menos dez de indubidable atribución ao rei.






IDADE MEDIA

O seguinte traballo realizárono as nenas de 5ºB,
 nel podemos atopar: un resumo da Idade Media, melodías da época interpretadas por Sara e unha canción por Noemí.

Felicidades , un traballo moi completo.







IDADE MEDIA

As nenas de 6º B
LaraJudithAdela e Ainhoa 

explicáronnos en clase o seu traballo.


Moi boa presentación, 

Felicidades.

Que me dicides da maqueta do castelo!!!


Está chulísima!!!








IDADE MEDIA


IriaCarmen e Paula 

preséntannos o seu traballo

 dende un lugar moi acolledor.



Moi ben rapazas.




IDADE MEDIA

Outro grupito de nenas de 5ºB 

preséntannos o seu traballo

 sobre a Idade Media.

As cancións que soan están interpretadas por Paula

 Fontán e por Candela .

Ademais poderedes ver 

       o teatriño que montaron para esta actividade.

Encántame,


Moi ben rapazas.







IDADE MEDIA


Elena de 6º A preséntanos

o seu traballo sobre a Idade Media
.
Nel podemos ver a maqueta tan orixinal 

que realizou dos instrumentos desta época con

 goma eva.

Felicidades Elena 









sábado, 27 de junio de 2015

RENACEMENTO




                   




PASE EL AGOA MA JULIETA

Esta melodía pertencente ao Cancioneiro musical de Pazo está interpretada polo grupo de 4a,  é unha representación da música do Renacemento

Felicidades, nos custo aprendela un pouquiño
 pero ao final conseguímolo.




O Cancioneiro de Pazo (Madrid, Real Biblioteca, MS II - 1335), chamado ás veces Cancioneiro musical de Pazo (CMP) e tamén coñecido como Cancioneiro de Barbieri, é un manuscrito español que contén música do Renacemento, obras recompiladas durante un período duns corenta anos, dende o último terzo do século XV ata principios do XVI, tempo que coincide aproximadamente co reinado dos Reis Católicos.





RENACEMENTO

 Sabela, Laura, Sabrina, Jessica, Mei Chu e Andrea preséntannos o seu traballo,
 que inclúe: un resumo da música desta época, un exemplo de canto gregoriano, unha explicación dos instrumentos da época co seu replica en barro.

Felicidades, moi bo traballo.






viernes, 26 de junio de 2015

PEQUENOS ARTISTAS

                    Despois de moitos ensaios 

por fin gravamos as cancións que os compis de 

primeiro e segundo necesitan para mover o

 esqueleto.

 A continuación vouvos subir as cancións

 que bailarán no festival adaptadas á nosa lingua.

jueves, 25 de junio de 2015


PEQUENOS ARTISTAS

E agora 

tócalle a quenda a Laura

 coa versión de "Non Controles"

Moi ben Laura!!!





PEQUENOS ARTISTAS


Ainhoa cántanos 

"A quen lle importa"

con esa voz tan desgarradora que ten.

Moi ben Ainhoa

tes un oído prodixioso, 

Felicidades  !!!





PEQUENOS ARTISTAS

Convosco Martín 

na gravación

 de Bienvenidos de Miguel Ríos

Felicidades Martín, es todo un fenómeno!!!





PEQUENOS ARTISTAS

Adela 

interprétanos

 a canción de Mecano 

"Na túa festa me cole",

con esta voz tan especial que ten.


Felicidades!!!





BARROCO













MÚSICA PARA OS REAIS LUMES ARTIFICIAIS

Aquí déixovos a representación dun pequeno grupo da clase de 6ºainterpretando un anaquiño desta obra.
Felicito a toda a clase xa que por motivos de cambio de horario non puideron participar na gravación.



Música para os reais lumes artificiais ou Música para os reais lumes de artificio (en inglés Fireworks Music ou Music for the Royal Fireworks) é unha composición orquestral de Georg Friedrich Händelde 1749. Foi feita por encarga de Jorge II de Gran Bretaña para acompañar aos lumes artificiais que tiveron lugar en Green Park, Londres, o 27 de abril de 1749. O motivo foi a celebración do final da Guerra de Sucesión Austríaca e a firma do tratado de Aquisgrán
PRIMAVERA - VIVALDI

Quen non coñece esta melodía?

Aquí déixovos unha versión da famosa primavera de Vivaldi interpretada polos compis de 6ºB con flauta, saxo e violín.
Sodes uns fenómenos!!!



Flauta


lunes, 22 de junio de 2015

CLASICISMO


 





HIMNO DA ALEGRÍA

Os nenos e nenas de 4ºd, interprétannos coa frauta e a voz unha versión da novena sinfonía de Beethoven.
Unha melodía imprescindible na historia da música pola súa importancia e a súa transcendencia.
Moi ben, felicidades!!!




A Sinfonía n.º 9 en re menor, op. 125, coñecida tamén como "Coral", é a última sinfonía completa do compositor alemán Ludwig vanBeethoven. É unha das obras máis transcendentais, importantes e populares da música e a arte. O seu último movemento é un final coral sorprendentemente inusual na súa época que se converteu en símbolo da liberdade. Precisamente, unha adaptación da sinfonía, realizada por Herbert von Karajan é, dende 1972, o himno da Unión Europea (UE).1

CLASICISMO EN 6º A