NADAL
Aquí déixovos a panxoliña que imos cantar
para que a aprendades.
O APALPADOR
É o apalpador
o apalpador
baixa das montañas cheo de castañas
o apalpador
cruzando as lameiras entra polas eiras
o apalpador. (ESTRIBILLO)
Moita das crianzas van enchendo as panzas
pensan dende hai tempo que hai un gran momento.
Saben que en decembro porque eu sempre o lembro
hai un carboeiro que é moi feiticeiro.
A
Colle o seu saquiño e vai polo camiño
recolle as castañas con todas as mañas
métese nas casas moi preto das brasas
buscando á xentiña que durmiu axiña.
A
Apalpame na barriguiña (5)
A
Palpalle as barrigas ás xentes amigas
e se están baleiras enche as tragadeiras.
Pola maña cedo regresa moi ledo
volta xa baleiro o noso carboeiro.
A
Apalpame na barriguiña (5)
A
No hay comentarios:
Publicar un comentario